1 – Introdución á figura de Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Buenos Aires, A Arxentina o 7 de xaneiro de 1950, é a figura máis sobranceira da cultura galega do século XX. Alén de ser considerado como político o pai do nacionalismo galego, as súas facetas artísticas e literarias e o seu propio periplo vital convérteno nun dos piares básicos nos que asenta a identidade do pobo galego xunto a personalidades como Rosalía de Castro.

Caricaturista, debuxante, pintor, gravador, ilustrador, escenógrafo, novelista, etnógrafo, autor teatral, ensaísta, político… todas e cada unha destas facetas están representadas no Museo de Pontevedra. A colección Castelao foi iniciada polo propio artista en 1931 cando, sendo membro do Padroado fundador, cedeu en depósito once das súas obras, que posteriormente seríanlle adquiridas en 1964 á súa xa viúva Virxinia Pereira, quen, á súa morte, legou pola súa banda un gran numero de orixinais da súa propiedade. Ao longo dos anos, novas doazóns, depósitos e compras aumentaron a colección.

Cómpre sinalar que malia as sucesivas ampliacións do espazo dedicado a expoñer o seu legado, as obras exhibidas supoñen unha pequena parte dos fondos que atesoura o Museo de Pontevedra. Con todo, a escolma realizada abonda para darnos unha idea da importancia e transcendencia da obra deste xenial artista e intelectual.

Na sala hai varios paneis cunha breve biografía dividida en etapas que nos servirá para entender mellor a evolución da súa obra e do seu pensamento. Esta lectura podémola complementar coa información ofrecida na páxina web do Museo de Pontevedra, dentro do apartado Persoeiros do Museo.


Materiais de consulta:


<< LimiarÍNDICESeguinte >>

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: